Divulgación

Sobre a restauración do Sar

En 2016, Raquel Piñeiro elaborou unha exploración e deseño de posíbeis prácticas de rehabilitación ou restauración do río Sar na contorna urbana de Santiago.



Piñeiro, R. (2016). La rehabilitación fluvial en el ámbito urbano. Estudo de caso del río Sar. (Traballo de fi de máster inédito). Universidad de Zaragoza.

Sobre a conservación do Sar

En 2020, Yago Lestido desenvolveu unha xeografía do Souto, desde a cal o autor conclúe que o espazo reúne as condición para ser dotado dunha conservación distintiva. Lestido elabora unha proposta para considerar este territorio Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Lestido, Y. (2020). Caracterización do Monte do Souto (Concellos de Santiago de Compostela e Ames, A Coruña) para proposta de declaración como Espazo Natural de Interese Local. (Traballo de Fin de Grao inédito). Universidade de Santiago de Compostela.

Guía dixital do Souto

Proxecto colaborativo · Ano 2021 · Edición de Diego Cidrás

'Coñecer para protexer: O Souto' é unha breve guía dixital dun dos espazos máis simbólicos do río Sar. Ademais de consultar roteiros ou elementos patrimoniais, poderás participar no proxecto de catalogación da súa biodiversidade. A defensa deste territorio pasa en primeira instancia por coñecelo e dalo a coñecer. Esta guía é un convite a simplemente iso, exploralo. Coñecer para protexer.